Conjuro de la Queimada

Conjuro de la Queimada para ahuyentar a los malos espíritus la Noche de San Juan y la de difuntos.

“Mouchos, coruxas, sapos e bruxas; demos, trasnos e diaños; espíritos das neboadas veigas, corvos, pintegas e meigas; rabo ergueito de gato negro e todos os feitizos das menciñeiras… Podres cañotas furadas, fogar de vermes e alimañas, lume da Santa Compaña, mal de ollo, negros meigallos; cheiro dos mortos, tronos e raios; fuciño de sátiro e pé de coello; ladrar de raposo, rabiño de martuxa, oubeo de can, pregoeiro da morte… Pecadora lingua de mala muller casada cun home vello; Averno de Satán e Belcebú, lume de cadáveres ardentes, lunes fatuos da noite de San Silvestre, corpos mutilados dos indecentes,e peidos dos infernais cus…Bruar da mar embravecida, agoiro de naufraxios, barriga machorra de muller ceibe, miañar de gatos que andan á xaneira, guedella porca de cabra mal parida e cornos retortos de castrón… Con este cazo levantarei as chamas deste lume que se asemella ao do inferno e as meigas ficarán purificadas de tódalas súas maldades.

Algunhas fuxirán a cabalo das súas escobas para iren se asulagar no mar de Fisterra. Ouvide! Escoitade estos ruxidos…! Son as bruxas que están a purificarse nestas chamas espiritosas… E cando este gorentoso brebaxe baixe polas nosas gorxas, tamen todos nós quedaremos libres dos males da nosa alma e de todo embruxamento. Forzas do ar, terra, mar e lume! a vós fago esta chamada: se é verdade que tendes máis poder ca humana xente, limpade de maldades a nosa terra e facede que aquí e agora os espiritos dos amigos ausentes compartan con nós esta queimada.”

www.caminodesantiagoreservas.com

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

w

Conectando a %s